Home
Dianho at the Peregrin [entries|archive|friends|userinfo]
Dianho at the Peregrin

[ userinfo | livejournal userinfo ]
[ archive | journal archive ]

De Festa en Festa [Nov. 4th, 2005|12:55 pm]
[Estado de ánimo | Contento (é venres)]
[Escuchando |Megadeth - The punishment due]

Onte tivemos a festa do magosto. Puxeron pinchos de tortilla empanada cruasans con fiambre patacas fritas e un xamón (tamen castanhas). O xamon estaba rarisimo de cortar, incluso as máis expertas no tema de corte e confección de xamón tinhan as suas dificultades para cortalo (Andrea, Noelia...). Non probei o xamón pero so se podia cortar en filetes. Na festa tamén puxeron mocho ó que parece que lle botaron unhas culleradinhas de azucre para darlle un toke mais dulce (a min gustábame ainda que a outra xente non lle parecia o mais apropiado, ó mellor era unnha maneira de disimular a auga que lle botaron previamente)
O triste foi que a isto das 10.30 a xente xa estaba cansada e xa non eramos moitos os que quedabamos, de feito suxeriron o de facer un Estriptis pero non tiñan musica asi que non puiden facelo. Penso que duraria 3 cuartos de ora mais ou así.
Quedamos en ir todos á festa de Fisioterapia. Quedamos en baixar todos ás 00.30 eu baixei as 00.45 ou así. Esperamos a Nadia ata a 1.00 (penso que eran) que baixou con mais xente da resi (non me acordo moi ben cantos eramos ó final) o feito é que fomos tirando para a festa pero separámonos porqeu Paula tiña que coller diñeiro.
Cando chegamos vimos a Adri, veterano que marchou da Resident, estudiante de Fisioterapia e organizador da festa, déronnos un numero que era para mandar mensaxes entre a xente e unha tarxetiña co nome dun membro dunha parella famosa en plan Tom e Jerry ou Mortadelo e Filemon etc e se atopabas a tua parella regalábanche un chupito.
A min tocoume Donald e acabei atopando a Daisy que se chamaba Lorena , estudiaba maxisterio musical e era moi guapa. Tomamos o chupito Piruleta pero penso que non levaba nada de alkol ainda que sentíame TODOPODEROSO, que é un estado ó que chego ás veces despois de beber cando éntra de todo.
Tan TODOPODEROSO me sentía que decidimos tomar chupitos de Tekila con limón Paula, Nadia e mais eu.
Non sei que foi pero non me fixeron kase nengun efecto ó que estaba acostumado en Verán (sera que xa vou vello). Logo atopei a Sandra Rodri e mais xente de Publicidade, e funme con eles a dar unha volta a raiarnos un pouco imitando a Algarra a Pardellas e a JR pensando que formaban parte da Axuda de Windous XP (Xulio Pardellas edition) tamen fumos de paso a ver se habia algo aberto para tomar algo pero rematamos na casa de Sandra onde xogamos ó UNO e gañei unha vez.
Despois de xogar ó uno voltei pra Resident fun con Rodri e entramos no Vintecatro, Rodri comprou un Capuccino para espertar mañá e eu comprei uns Risketos pra non levantarme para desayunar mañá. Cheguei solo. Abriume álvaro (moi amabel) e acosteime vestido (en realidade quitei solo os pantalons porque dabanme moito calor, durmin 2 horas e algo e salin pra Clase. JR esperábame
linkpost comment

navigation
[ viewing | most recent entries ]

Advertisement